Iste e o camiño da fonte e da praza de Pedrafita, e xustamente a primeira a dereita a casa que foi dos antigos parentes de Bernabé Castedo quen argalla este trebello de letras.
O fondo da mesma atopase a fonte
Ista e a data que atopamos cando erguemos a capa de alcatrán de cando a arranxaron por primeira vez os veciños de Pedrafita ala polos anos sesenta
Eles foron quen de facelo en harmonía e sentidiñoNo comezo de chegar a este recanto estaba desta guisa, entre lama e outras inmundicias.
e coa limpa chegarase a poñela doutro xeito
Alguén que puxo alí o pe
sen saber onde o poñía
foi unha cuestión de erro
sen saber o que facía.
Débese pisar con xeito
baixalo con certo tino
se non queres enzoufar
ou caer nun desatino.
Despois de metela zoca e xa limpa esta xa colle outra cor
![]() |
| co trasfego de terras, foise conseguindo que este lugar trocara de estampa |
a data do antigo arraxo ala polos anos sesenta.
Despois de poñerlle unha malla de ferro, fúndese o formigón para ir quedando doutra maneira
Xa fundido todo, pónselle os encofrados para facer as escaleiras. Poñendo a lousa a continuación
![]() | Lenda:O noso agradecemento a señora Mari pola súa presencia e compaña e ter a satisfacción de habela coñecido, que tivo a delicadeza de erradicarnos a sede con bebidas frescas nos días de tanta solaina. Neste recuncho da fonte tivemos días de trinta graos agachadiños poñendo nesta lousa. Pero fomos quen de seren os que fixemos que a fonte de Pedrafita trocara de cor e de xeito,así que sexa polo ben de tódolos que aquí percorren estes máis de Dos no camiño.![]() |





























