sábado, 5 de febrero de 2011

Traballos na escola de Pedrafita Ponte de Neira IV



Segun se pode apreciar na laxa disposta no fronte, este funcionario do estado,o tal ilustrisimo D Juán  Fernández Castedo, posible antigo parente, tivo a ben o dar sen máis os terreos xunto con todo o engadido da obra a e enseres necerarios para o desfrute dos nenos daqueles enton , as instalacións dispoñan de servizos para nenos e nenas xunto cunha chimenea para ter quente a aula e non pasar frio, como lle pasou o que esta a deixar aquí estas pegadas escritas, xa que segun se describen na obra As Verbas do Paxariño, xa queixera el  o seren asiduo desta escola.



D Juán Fernández Castedo
Despois de mover terra dabondo, os doce componentes do obradoiro de emprego, o tempo que se espele friaxe das uñas vaise facendo sitio para emprazar un vieiro que percorrera o entorno diste fermoso edificio dos anos corenta do século pasado. Vai a ser toda unha ledicia o sacarlle os colores a este singular fonte de antigo ensino, o entorno e gaiolante xa que ai algo nel que invita ollalo con detemento. Se el puidera falar cantas cousas nos contaría dos rapaces que pasaron por este eido da cultura. Pero arestora estamos a arranxala marxe dereita e deixala vistosa para que poida albergar a todo aqueles que teñan a ben facer uso dela. 
O Grupo Os Fendas

Nesta escola de traballo
E para que ti o entendas,
Xurdiron coma o orballo
O grupo chamado Os Fendas.
Caixa de ritmos dun bidón
E unhas palas guitarras,
O saxo, Lolo sen medo
De espontánea actuación.
Ela deixouno caer
Raquel Arias a delegada
Motivar o interese
En agradar a velada
Tratando o facer camiño
O carón desa tempada
Con humor para o traballo
Aderezando a xornada.

   
O tempo foi xurdindo a necesidade do arraxo dos aseos para darlle máis comodidade as instalacións

De cando en vez tamen nos xuntamos a comer eso a feira, como foi o caso en Gomeàn
Tamen dous días na seman e perante unha hora, imos o ensino para aprender diversidades da mesma vida
 e mentres, o noso servizo de topografía toma medidas
E se ben se mira e como millor se ve





E as duas rapazas elas moi postas colocan pedra no chan como se tal cousa



Pouco a pouco imos para adiante na restauraciàon da devandita escola. Xa estamos a lousar as aceras todo o enredor da mesma para o que mellorou moito dende que se chegou aquí, que se tivo que desbrozar e acondicionar o entorno. De xeito que dentro de pouco semelle unha moza, comparada coas datas pasadas



Ben está o que ben remata
unha escola antiga
coa cara lavada.
con remates brancas
e saias pranchadas,
coa nova figura
queda rematada.